Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección feminina de baloncesto 3x3 asegura unha nova medalla

A selección feminina de baloncesto 3x3 asegura unha nova medalla

España vence a favorita Estados Unidos (18-16) e chega á final olímpica

Décima medalla para a delegación española en París

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 05/08/2024 17:57

O equipo feminino de baloncesto 3x3 debutaba nestes Xogos Olímpicos e sela na súa primeira participación a primeira medalla para España nesta disciplina. Sandra Ygueravide, Vega Gimeno, Juana Camilión e Gracia Alonso entran na historia do baloncesto español tras conseguir a vitoria ante Estados Unidos, á que derrotaron na prórroga por un resultado de 18-16.

O electrónico reflectiu igualdade ao longo do encontro. Ygueravide achegou tres puntos nos primeiros minutos, impedindo que as americanas se distanciasen. Antes de chegar á metade do tempo regulamentario, Van Lith conseguía anotar desde a liña exterior, poñendo o 4-8 no marcador a prol dos Estados Unidos e deixando o combinado español contra as cordas.

As xogadoras da 'Familia' non se renderon e conseguiron reducir distancias, para situarse 15-15 a falta de medio minuto. Un intercambio de canastras poñía de novo táboas no marcador e levaba o partido á prórroga. Ygueravide tirou de veteranía e, tras anotar unha canastra e forzar unha falta persoal, conseguía anotar o tiro libre que permite a España acadar a final olímpica.

Esta noite loitarán polo ouro ás 22:00, pero xa cun metal asegurado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade