Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección galega xogará a final da Copa das Rexións da UEFA

A selección galega xogará a final da Copa das Rexións da UEFA

Gañoulle por 1-0 a Baviera e poderá lograr o meirande título do fútbol afeccionado se derrota o sábado a Belgrado

G24.gal 14/06/2023 22:02

A selección galega de afeccionados clasificouse para a gran final da Copa das Rexións da UEFA cunha vitoria pola mínima ante a selección de Baviera nun partido moi emocionante que se viviu no campo da Lomba.

O primeiro gol chegou tras unha xogada en que o colexiado pita a pena máxima tras a caída de Alex Rey na área. O propio xogador do Rápido de Bouzas sería o encargado de lanzar o penalti.

O conxunto que dirixe Iván Cancela tivo oportunidades para marcar algún gol máis, pero finalmente este foi o único gol que subiu ao marcador. A selección galega logrou o triunfo que precisaba e clasificouse para a gran final que se celebrará este sábado ás sete da tarde na Lomba ante a selección de Belgrado. Un partido que poderán seguir pola nosa segunda canle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade