Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Sociedade Protectora de Animais demanda axuda de persoas que manexen drons para localizar cans perdidos

A Sociedade Protectora de Animais demanda axuda de persoas que manexen drons para localizar cans perdidos

Dous cans perdéronse pouco despois de chegar a unha casa de acollida, a raíz dunha treboada

Outro fuxiu do hospital veterinario e saben onde acostuma ir durmir

G24.gal 10/08/2024 20:59

Non dan nada por perdido e non paran de buscar. Desde que hai uns días se perderon uns cans, membros da Sociedade Protectora de Animais de Lugo tratan de dar con eles ou con algunha pista que lles permita recuperalos. Aí é cando entra en xogo a colaboración cidadá.

E todo coa intención de darlles unha nova oportunidade a estes cans. Non é a primeira vez que apelan á cidadanía. A raíz dun brote de panleucopenia fixeron un chamamento para acoller gatos e libralos así dunha enfermidade case sempre mortal. É só un caso máis de necesidade que ten esta entidade protectora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade