Os bancos reducen a concesión de préstamos pola suba de tipos de xuro
Os bancos reducen a concesión de préstamos pola suba de tipos de xuro
O tipo medio dos préstamos a empresas disparouse ata un 80 por cento
Os préstamos ás familias tamén se reducirán durante o ano que vén
O prezo dos novos préstamos crece ao nivel máis alto desde 2014. As pemes son as que pagan un maior xuro, por riba do catro e medio por cento.
O aumento dos tipos de xuros encareceu o financiamento ás empresas nun 80 por cento no último ano. Unha barreira ao financiamento que para moitas empresas é moi necesario no contexto actual.
Acceder ao financiamento tamén será máis difícil para os particulares polo que os bancos concederán menos créditos. Por outra banda a solicitude dos mesmos tamén se reducirá porque as familias optan por ser cautelosas e non endebedarse.
Os expertos dan por feito que o prezo do crédito seguirá crecendo.