Publicador de contidos
Publicador de contidos

A suba dos tipos de xuro dispara as renegociacións hipotecarias

A suba dos tipos de xuro dispara as renegociacións hipotecarias

Alongar o tempo do préstamo ou amortizar parte da débeda son algunhas das fórmulas

G24.gal 24/08/2023 15:17 Última actualización 24/08/2023 16:08

Dispáranse as renegociacións hipotecarias. No primeiro semestre rexistráronse tres veces máis que no mesmo período do ano pasado. As continuas alzas dos tipos de xuro están tras esta tendencia. As familias precisan protexerse do aumento das cotas mensuais. 

Cambiar os prazos de devolución da hipoteca ou amortizar unha parte son algunhas das opcións, sobre todo, para as familias que teñen tipo variable. Por unha banda están os que intentan reducir a cota e por outro os que xa nin se atreven a meterse nun préstamo hipotecario. Os créditos novos á vivenda caeron en picado. 

Mentres, os que teñen que seguir metidos na montaña rusa dos tipos de xuro hipotecarios ven na renegociación un certo alivio para a súa saúde económica.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade