Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Situación dramática" na construción pola carestía dos materiais

"Situación dramática" na construción pola carestía dos materiais

Advirten que os altos custos da construción dificultará o cumprimento de proxectos, tamén de obra pública

O cesamento da actividade polo paro do transporte provocou ademais unhas perdas económicas de máis de 20 millóns de euros diarios

G24.gal 27/03/2022 14:27

O parón na actividade da construción, motivada pola falta de subministración de materiais coa folga do transporte, xunto ao aumento de prezos nas materias primas some o sector nunha "situación dramática", así o denuncia a Federación Galega de Construción.

Advirten que a escalada de prezos no aceiro, no formigón e nos derivados do petróleo vainos somerxer nunha "grave" crise.

"Estamos nun contexto dunha folga de transportes pero nós temo unha preocupación para cando isto se desbloquee, o anuncio dos incrementos de prezos que nos trasladan é abrumador, faamos de subas de máis de 10 ou 12 euros no metro cúbico de formigón, a subir a dous euros o quilo do ferro, estamos falamos de subas imposibles de asumir polas empresas", asegura Diego Vázquez Reino, Presidente da Federación Galega da Construción.

Os altos custos da construción dificultará, por tanto, o cumprimento de proxectos... tamén de obra pública.

"Nesta situación a ninguén se lle escapa que é imposible cumprir estes contratos porque de cumprilos o risco de mantemento das empresas é enorme", engade Diego Vázquez Reino, Presidente da Federación Galega da Construción.

Por iso demandan unha ferramenta áxil que permita reequilibrar os contratos e cambios nos proxectos.

"Dunha vez por todas necesitamos acometer un cambio na Lei de contratos do sector público onde se contemple unha situación coma a que estamos vivindo, como unha causa de forza maior", di Diego Vázquez Reino, Presidente da Federación Galega da Construción.

O cese da actividade provocou xa unhas perdas económicas que se cifran en máis de 20 millóns de euros diarios.
Advirten que toda esta situación tamén fai perigar a execuxión dunha parte importante dos fondos europeos Next Generation asignados a este ano 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade