Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova tarxeta sanitaria incorpora un código QR para poder usala fóra de Galicia

A nova tarxeta sanitaria incorpora un código QR para poder usala fóra de Galicia

O formato dixital, a través da aplicación Sergas Móbil, estenderase a toda España

A renovación realizarase de forma paulatina, sen que o usuario teña que facer ningunha xestión

Tamén vai incluír caracteres en braille

G24.gal 28/09/2024 14:07 Última actualización 28/09/2024 14:54

A  nova tarxeta sanitaria incorpora algúns avances tecnolóxicos e vai permitir empregala fóra da nosa comunidade. Ademais, incluirá caracteres en braille. Convive coa dixital, accesible en Galicia a través da aplicación Sergas Móbil.

A actualización da tarxeta física levarase a cabo paulatinamente. No caso da virtual, só lle falta incorporar un código QR para garantir a súa lectura en todo o territorio nacional.

Esta renovación parte do goberno central, para garantir aos usuarios o acceso ás prestacións sanitarias con calquera tarxeta en toda España.

Ata o de agora, a tarxeta virtual existía en Madrid e Galicia. Deste xeito, o resto de comunidades tamén disporán dunha tarxeta virtual, coas mesmas prestacións que a física, tanto para acceder ao médico coma para empregar nas farmacias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade