Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tenenta fiscal do Supremo non ve indicios para investigar a Puigdemont por Tsunami

A tenenta fiscal do Supremo non ve indicios para investigar a Puigdemont por Tsunami

A posición da número dous da Fiscalía no TS vai en contra do criterio maioritario da Xunta de Fiscais 

G24.gal 22/02/2024 10:39

A tenenta fiscal do Supremo, María Ángeles Sánchez Conde, pediu ao tribunal que devolva á Audiencia Nacional a causa de Tsunami Democràtic, ao non atopar neste momento suficientes indicios de criminalidade contra o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont e o deputado Rubén Wagensberg.

Sánchez Conde, número dous da Fiscalía, fixou dese modo a posición do ministerio público respecto á implicación de Puigdemont neste caso e fíxoo en contra do criterio maioritario da Xunta de Fiscais do Supremo, que considera o expresidente catalán líder de Tsunami, "un grupo organizado de carácter terrorista".

A tenenta fiscal enviou o seu escrito á Sala Segunda do Supremo, que debe decidir se investiga a Puigdemont por terrorismo, como pediu o xuíz da Audiencia Nacional Manuel García-Castellón, ou se lle devolve o procedemento ao xuíz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade