Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tenreira galega acende os fogóns do Fórum Gastronómico

A tenreira galega acende os fogóns do Fórum Gastronómico

Máis de 200 expositores e cociñeros que suman 27 estrelas Michelin xúntanse estes días na Coruña

G24.gal 08/04/2024 14:33

A tenreira galega acendeu os fogóns desta segunda xornada do Fórum Gastronómico, o mellor escaparate para gozar da despensa atlántica. Segundo o Director de promoción do Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia, "queremos que a xente vexa que as carnes teñen multitude de usos culinarios, que cunha mesma peza pódense facer produtos diferentes, simpáticos, sinxelos, pero con sabor".

No Fórum pódese probar, pero tamén reflexionar sobre a necesidade de xerar modelos de negocio innovadores dentro do sector da hostalería. Para o cofundador do grupo Abastos "o sector primario é fundamental, e temos que cambiar o foco e dende a nosa posición darlles voz a estes pequenos grandes proxectos".

Moitos destes proxectos están baixo unha mesma marca que certifica a súa calidade e que segundo a Conselleira en funcións de Economía, Industria e Innovación é un xeito de desenvolver economicamente Galicia e xerar emprego e moita actividade.

O Fórum xa recibiu a máis de nove mil persoas, entre profesionais e visitantes. E o obxectivo é bater a marca das 22.000 da última edición, en 2022. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar