A travesía Juan Sebastián Elcano conmemora os 500 anos da primeira volta ao mundo
A travesía Juan Sebastián Elcano conmemora os 500 anos da primeira volta ao mundo
Muxía é a terceira etapa galega destes oito veleiros de todo o cantábrico participantes na travesía Juan Sebastian Elcano 2022. De aquí partirán cara a Vigo, última parada en Galicia, onde se lles unirán dúas embarcacións galegas. Todos co propósito de conmemorar os 500 anos da primeira volta ao mundo do mariño vasco.
"Este proxecto nace coa colaboración de amigos dos grandes navegantes e exploradores españois. Eles, o día 18 unha frota partiu de Calpe coa idea de confluír coa nosa, que partiu de Getaria o día 6 de agosto para confluír en Sanlucar de Barrameda", sinala Arantza Galarza.
Durante a travesía tiveron días duros e outros de máis calma, En conxunto, unha experiencia para eles inesquecible.
"Houbo de todo, antonte tivemos ondas de entre 4 e 6 metros e foi a cousa duriña, pero un pouco de máis calma, boa letra e chegar ao destino que é do que se trata", afirma o armador do Kuki Brasil.
Serán máis de mil millas náuticas as que farán estes navegantes para chegar a Sevilla final da travesía o próximo 8 de setembro.