Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preséntase a Travesía Naútica Xacobea 2022

Preséntase a Travesía Naútica Xacobea 2022

A peregrinación marítima sairá de Cádiz o 28 de maio e chegará a Santiago o 13 de xuño

G24.gal 10/05/2022 20:45 Última actualización 10/05/2022 20:55


Non só se pode peregrinar a Santiago por terra, este ano tamén se pode facer por mar, facendo a Travesía Naútica Xacobea 2022. Unha iniciativa que presentou a conselleira do Mar en funcións.

A  travesía partirá de Cádiz o 28 de maio e chegará a Compostela o 13 de xuño.  Rosa Quintana, destacou que este tipo de eventos tamén serven de impulso ao sector naútico galego que conta con  case 14.000 prazas de atraque  e que o ano pasado rexistrou 35.000 pernoitas en tránsito.

"Animamos a toda a xente a que se achegue a participar nesta Travesía Naútica. Todos coñecemos que os diferentes miradores de Galicia fan que vexamos unhas rías e un mar impresionante pero a costa vista desde o mar, aínda é moito máis impresionante. Tamén se pode obter a Compostela, porque esta peregrinación naútica está recoñecida como un Camiño Xacobeo", di Rosa Quintana, conselleira do Mar en funcións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar