A trezidavomartifobia é o medo irracional ao martes e trece, que é hoxe
A trezidavomartifobia é o medo irracional ao martes e trece, que é hoxe
Os máis supersticiosos adoitan evitar pasar baixo dunha escaleira ou derramar sal en martes e trece
Non hai fundamentos científicos sobre a mala sorte do día martes 13, pero hai moitos que teñen trezidavomnartifobia ou medo irracional a esta xornada
Pensar en martes e trece para moitas xeracións seguro que é pensar en Millán Salcedo e Josema Yuste e lembrar, case mecanicamante, algúns dos seus sketchs máis coñecidos.
Pero o martes e trece, o do calendario, é o día da mala sorte por excelencia. Ata hai un nome para definir o medo irracional a ese día: trezidavormartifobia.
Para os supersticiosos é unha xornada para estar atentos e, por exemplo, non pasar por debaixo dunha escaleira, tratar de non derramar sal, evitar dar cun gato negro ou buscar un anaco de madeira para tocar e librar do malo.
Por que o martes e trece é un día negro?
Non hai fundamento científico. Pero a fusión de dúas tradicións: a cristiá e a romana, vencellan o martes ao deus grego Marte, o máis malévolo.
O trece, para a relixión católica está relacionado con aspectos negativos, Tamén no Tarot o trece é o número da morte.
Así as cousas, hai ditos populares como "en trece e martes nin cases nin embarques" ou "para un home desgraciado todos os días son martes".
A superstición non científica do martes 13 convértese en venres trece nos países anglosaxóns. O concepto de día negativo esténdese por todo o mundo. Mesmo moitas liñas aéreas suprimen a liña trece das filas de asentos porque hai moitos viaxeiros que prefiren evitar ocupar ese espazo doce máis un.