Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tributación do salario mínimo interprofesional abre unha fenda na coalición de goberno

A tributación do salario mínimo interprofesional abre unha fenda na coalición de goberno

Dende Junts métenlle presión ao goberno cos acordos incumpridos e ameazan con poñerlle fin á lexislatura

G24.gal 05/02/2025 15:02

Coa redución da xornada laboral á espera da tramitación parlamentaria, os socios de goberno abren unha nova fenda á conta do salario mínimo interprofesional.

"Unha renda salarial en España que alcance os 16500 euros ano ano ten que tributar?Eu digo que non", di Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno.
 

Unha postura que non comparte a ministra de Facenda, xa que di que dende un goberno de esquerdas hai que facer pedagoxía fiscal.

"Facer discursos populistas non conduce a nada", responde María Jesús Montero.

As negociacións para sacar adiante os compromisos de investidura tamén se complican con Junts, que ameaza con poñelle fin á lexislatura pola desconfianza que existe polos acordos incumpridos. 

"Así non podemos seguir. Se finalmente non ten a nosa confianza o seguinte paso é convocar eleccións", ameaza Jordi Turull.
 

De feito, hai voces dentro do partido socialista que piden un cambio de rumbo e reclaman unha axenda común en asuntos que teñan que ver co Estado.

 "España necesita un xiro ao centro. Iso non quere dicir que se anule a esquerda e a dereita. O que pon é no PSOE e no PP a responsabilidade de retomar o papel de esquerda moderada e dereita moderada", reclama Emiliano García Page.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade