A TVG convídaos esta noite á gala de entrega dos Premios Mestre Mateo
A TVG convídaos esta noite á gala de entrega dos Premios Mestre Mateo
A festa do audiovisual galego celebra a súa XX edición
Máis de corenta persoas traballarán esta noite para que a gala sexa perfecta e nos días previos foron máis de cen profesionais os encargados de montar todo para estes Mestre Mateo.
"Poñemos medios, poñemos recursos e apoio; e máis este ano", asegura Fernando Ojea, director da Área de Contidos da TVG.
As caras máis coñecidas das series, dos programas e das películas queren facerse cun dos premios, aínda que xa son moitos os que locen un nos seus estantes.
"E o Mestre Mateo é para... Roberto Vilar, Zig Zag Diario, O Descoñecido..."
Este ano chegan novos candidatos con moita ilusión.
"Sería fantástico que o Clac tivese un Premio Mestre Mateo, por suposto", di Tania Fernández Lombao, presentadora do programa.
Clac e Dígocho Eu son candidatos ao mellor programa.
Tamén Esther Estévez opta, por primeira vez, ao premio á mellor comunicadora, algo que non asimilou.
Convidámosvos a percorrer a alfombra vermella xunto aos actores de Cuñados, Paco Lodeiro, o simpático delincuente Santos e todas as caras coñecidas desta casa, esta noite, na gala dos Premios Mestre Mateo.