Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG é a canle autonómica máis vista, líder en Galicia

A TVG é a canle autonómica máis vista, líder en Galicia

A primeira onda do Estudo Xeral de Medios de 2023 confirma a primeira posición da canle galega

Na franxa informativa do mediodía en Televisión de Galicia, o bloque formado por ‘Galicia noticias’ e ‘Telexornal mediodía’ lidera tamén, acadando un 27 % de cota

A Radio Galega é a única emisora xeneralista que medra en todas as medicións

G24.gal 19/04/2023 12:27 Última actualización 19/04/2023 16:43

Os datos da primeira onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) sinalan a Televisión de Galicia como a canle líder na comunidade e tamén entre as canles autonómicas. A audiencia de Galicia elixe TVG para o entretemento e para informarse. 

TVG acada unha cota do 17,8 % no conxunto da semana, segundo os datos do EXM coñecidos este mércores. Faise así de novo co claro liderado nas audiencias desta primeira onda de 2023, con 1,8 puntos máis que o seguinte competidor.

Líderes nos informativos

Galicia escolle informarse na súa televisión autonómica. Na franxa informativa da sobremesa, cos informativos ‘Galicia noticias’ e ‘Telexornal mediodía’, a TVG obtén un marcado liderado, cunha cota do 27 %. Estes algarismos están preto de duplicar as cifras da outra canle pública que emite en Galicia, TVE, que marca un 16,1 % de cota de pantalla na franxa informativa principal do día. 

O Telexornal Srán roza os 21 puntos e medio.  A información matinal do Bos Días tamén se confirma como unha das grandes citas da xornada, rozando o 15% de media semanal. 

Liderado tamén entre as canles autonómicas

Entre as televisións autonómicas, Televisión de Galicia é a canle con máis share, cunha cota do 17,8 % e superando en 2,1 puntos a seguinte canle. Por días da semana destacan as cotas de pantalla acadadas por TVG os luns (20,2 %), os martes (18 %), os sábados (18,4 %) e os domingos (19,6 %). Na franxa de noite, desde as 20:00 h e na que TVG tamén lidera en Galicia, destacan os bos datos dos luns (18,8 %), domingos (17,1 %) e martes (16,3 %).

Radio Galega: a única xeneralista que medra entre semana e fin de semana

O conxunto das emisoras de Radio Galega chegan a 146.000 persoas diarias de luns a venres e a 138.000 de luns a domingo, segundo os datos desta primeira onda do EXM 2023. Con respecto á onda anterior, trátase dun incremento do 3,55 % no período de luns a venres e do 1,47 % no conxunto da semana.

Con respecto ao ano móbil, o desagregado da Radio Galega medrou un 11,2 % con referencia ao mesmo período do ano anterior. 

Radio Galega achega a estes datos 129.000 oíntes diarios de luns a venres e 122.000 de luns a domingo, sendo a única radio xeneralista de Galicia que medra en todos os períodos de medición, tanto de semana coma de fin de semana. Estas marcas reflicten un crecemento estable e continuado da Radio Galega, que segue a ser o medio público máis escoitado de Galicia. Neste senso, respecto a outras canles públicas, e segundo os datos do EXM, a Radio Galega duplica en audiencia de luns a venres a RNE (55.000 oíntes), e está preto de triplicala no período de análise de luns a domingo, en que RNE tivo 48.000 oíntes.

Pola súa parte, as emisoras musicais de Radio Galega Música e Son Galicia Radio achegaron ao grupo 17.000 oíntes de luns a venres neste primeiro terzo do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade