Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG e a G2 pechan o mellor mes de outubro desde 2013

A TVG e a G2 pechan o mellor mes de outubro desde 2013

A audiencia da Galega sobe case un punto respecto do mes pasado e sitúase no 10,7 %

Os informativos da TVG acadan a cota máis alta e chegan a máis dun millón e medio de galegos maiores de 4 anos

G24.gal 01/11/2022 14:50

A audiencia da TVG segue a medrar neste final de ano ata conseguir marcas históricas. Este mes de outubro foi o mellor desde o 2013, cun 10,7 % de cota de pantalla no conxunto do día. O informe mensual do medidor independente Kantar Media sinala a traxectoria ascendente da audiencia da canle galega por terceiro mes consecutivo, que supera a do mes de setembro en case un punto.

Seguen a medrar todos os informativos da Galega. Os programas informativos máis vistos de Galicia na franxa central do día seguen a ser os da TVG, que de luns a venres se sitúan líderes cun 19,3 % de audiencia nese tramo, case un punto por diante do inmediato competidor, A3. Destacan os datos do “Galicia Noticias” de luns a venres, cun 22,2 %, e os do “Telexornal Mediodía”, cun 20,4%.

En audiencia total, os informativos da TVG son líderes e foron seguidos por máis dun millón e medio de persoas (1.527.000), o 60 % da poboación de máis de 4 anos.

Tamén creceu a audiencia dos contidos e o entretemento. No mes de outubro o prime time da Galega seguiu medrando ata o 11,8 % de cota, con crecementos os martes, xoves, venres, sábados e domingos.

Pola súa parte, a segunda canle, a G2, segue en cifras de récord, e cun 1,1 % rexistra o seu mellor dato tamén desde outubro de 2013.

Ademais, a Galega acumula tres meses seguidos á alza tamén en aumento de tempo de consumo por parte dos espectadores, o cal significa que en outubro máis espectadores viron a TVG e durante máis tempo. Así, a TVG crece en audiencia este mes de outubro todos os días da semana; sobresaen as cotas medias dos luns (10,9 %) martes (11 %), xoves (12,3 %) e venres (12,3 %).

Entre as canles que integran a rede de FORTA, a Televisión de Galicia mantense como un dos motores do grupo e pecha o mes máis de dous puntos por riba da media das canles autonómicas. A TVG é tamén, unha vez máis, a canle pública máis vista de Galicia, dous puntos por riba de RTVE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade