Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG emitirá dous partidos por xornada da primeira RFEF

A TVG emitirá dous partidos por xornada da primeira RFEF

A FORTA e a Federación Española de Fútbol asinaron un acordo esta mañá para a retransmisión de partidos da categoría de bronce do fútbol español

TVG, TV3 e IB3, fixéronse con dereitos de emisión que, no caso da galega, permitirá retransmitir dous partidos por xornada e o play off e play out íntegro onde haxa presencia galega

O acordo coa RFEF implica que as emisións da TVG serán en aberto en TDT e a través da web con xeolocalización para España

As emisións da TVG comezan esta fin de semana co Pontevedra-Alcorcón o domingo ás 19:30 pola G2 e G24.gal

G24.gal 26/08/2022 11:50 Última actualización 26/08/2022 13:00

A FORTA e a Federación Española de Fútbol chegaron a un acordo esta mañá para a emisión de partidos da Primeira RFEF en tres territorios, Galicia (CRTVG), Cataluña (CCMM) e Baleares (IB3).

A TVG emitirá dous partidos cada xornada que serán fundamentalmente partidos de casa, se ben nas xornadas en que ata tres dos catro equipos galegos en liza xoguen como visitantes, a TVG terá dereitos de emisión do partido que se xogue en Galicia e de un dos tres que se xoguen fóra.

O acordo coa RFEF implica que as emisións da TVG serán en aberto en TDT e a través da web con xeolocalización para España. A TVG emitirá tamén en aberto todos os partidos de play off e play out se os protagonistas son equipos galegos.

O fútbol de primeira RFEF, que este ano conta con catro representantes galegos (Racing Club de Ferrol, Real Club Deportivo da Coruña, Real Club Celta de Vigo B, e Pontevedra FC) volve á Televisión de Galicia que xa emitira o treito final da liga da pasada campaña.

Estaba previsto que as emisión comezaran co Deportivo-Dux deste sábado pero o anuncio de incomparecencia do equipo madrileño fai que o primeiro partido desta temporada vaia ser o Pontevedra-Alcorcón desde Pasarón o domingo ás 19:30 pola G2 e pola páxina web G24.gal. Na segunda xornada a TVG televisará o Deportivo-Linense o sabado ás 19,30 horas e o domingo o Racibg de Ferrol-Castela tamén ás 19:30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade