Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lamine Yamal non evita o tropezo europeo do Barcelona

Lamine Yamal non evita o tropezo europeo do Barcelona

A expulsión de Éric García no minuto 10 decantou o partido ante o Mónaco (2-1)

O Atlético gañoulle (2-1) ao Leipzig cun gol de Giménez no último minuto

G24.gal 19/09/2024 22:30 Última actualización 19/09/2024 22:53

O Barcelona perdeu por 2-1 no campo do Mónaco nun partido marcado pola expulsión de Éirc García aos 10 minutos de encontro. 

Akliouche adiantou o cadro monegasco, pero apareceu Lamine Yamal para empatar pouco despois. 

O encontro estaba equilibrado e parecía de empate, pero o Mónaco acabou marcando o 2-1 a quince minutos do final cun gol de Ilenikhena. Mal resultado para o Barcelona nesta Champions na que calquera derrota pode ser letal. 

Vitoria do Atlético

O Atlético de Madrid gañoulle con apuros ao Leipzig. Dominou e xerou moitas máis ocasións pero tivo que agardar ata o 90 para certificar o triunfo. Sesko marcou para os visitantes cando só se levaban 4 minutos e Griezmann empatou no 28. 

Xa non se movería o marcador ata o derradeiro intre, cando o central José María Giménez acertou a cruzar diante do porteiro alemán nunha acción de estratexia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade