A TVG, líder de audiencia en Galicia e das autonómicas en Noiteboa e no Nadal
A TVG, líder de audiencia en Galicia e das autonómicas en Noiteboa e no Nadal
En Noiteboa logrou o 14,9 % e no Nadal o 15,3%
Arrasaron nas súas franxas o Land Rober e o TX2 coa mensaxe do Rei en Noiteboa
No Nadal, líderes o TX1 e Grandes Cachadas
A TVG foi a canle máis vista en Galicia e a que obtivo os mellores datos de share de todas as autonómicas nestas datas de reunións familiares polo Nadal.
O día 24, o venres de Noiteboa, a audiencia quedou coa Televisión de Galicia e marcou un 14,9 % de espectadores dos nosos programas. O TX2, coa mensaxe do Rei incluída, liderou a súa franxa horaria.
Recolleu o testemuño o programa de entretemento Land Rober, que arrasou na súa franxa.
Xa o día de Nadal, o sábado 25, a audiencia seguiu fiel á TVG, que obtivo unha audiencia do 15,3 %. O TX1 arrasou na súa franxa horaria ao mediodía e Grandes Cachadas obtivo moi bos datos tamén.
Os programas da tarde da TVG e o TX2 lograron manter a fidelidade dos espectadores galegos. E o concurso "Atrápame se podes" rozou pola noite o 20 %.