Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE acorda unidade no apoio a Ucraína pero non logra pactar a política migratoria

A UE acorda unidade no apoio a Ucraína pero non logra pactar a política migratoria

A UE reitera que ofrecerá todo o apoio militar, económico e humanitario a Kíiv

Polonia e Hungría bloquean o acordo migratorio ao non aceptar a reubicación obrigatoria de migrantes

Os líderes europeos avanzaron nas medidas para lograr a autonomía económica e industrial respecto á China

G24.gal 30/06/2023 14:39

Os líderes da Unión rematan en Bruxelas o Consello Europeo previo a que España asuma a presidencia comunitaria. Esta mañá pactaron avanzar na independencia económica da China, pero non conseguiron un acordo en materia de emigración. Si están unidos no apoio a Ucraína.

O cumio europeo remata con consenso entre os 27 para seguir apoiando a Ucraína na súa defensa contra Rusia. A UE reitera que ofrecerá todo o apoio militar, económico e humanitario, mentres dure a guerra. Pero é que ademais os socios comunitarios comprometese a garantir a seguridade de Ucraína a futuro, cando remate o conflito.

Será precisamente o primeiro destino de Pedro Sánchez, que viaxará este sábado para reunirse con Volodimir Zelenski. Ademais dará un discurso no parlamento ucraíno. Sánchez quere inaugurar a presidencia española do Consello da UE neste segundo semestre do ano amosando todo o apoio da Unión sen fendas. 

"A guerra en Ucraína será unha das grandes prioridades da nosa presidencia, co foco posto en garantir a unidade de todos os Estados membros. E por iso, decidín iniciar precisamente este semestre nunha viaxe a Kíiv, onde estarei acompañando ao presidente Zelenski", explicaba Pedro Sánchez.

Os líderes europeos avanzaron tamén nas medidas para lograr a autonomía económica e industrial de Europa con respecto á China, para que non se repitan, por exemplo, os problemas derivados da crise dos microchips.

Onde non houbo acordo, como estaba previsto, foi no pacto migratorio. Hungría e Polonia desmarcáronse.

O presidente polaco, Mateusz Morawiecki, explicaba a súa postura. A repartición de refuxiados entre os estados membros para o seu acollemento en casos de emerxencia está detrás desta negativa. Polonia e Hungría cren que con esta política migratoria Europa non vai frear a inmigración ilegal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade