Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Canarias acusa o Goberno de "mirar cara a outro lado" ante a crise migratoria

O presidente de Canarias acusa o Goberno de "mirar cara a outro lado" ante a crise migratoria

G24.gal 06/09/2024 14:23

O presidente de Canarias acusa o Goberno central de mirar cara a outro lado ante a crise migratoria que sofre, di, o arquipélago. Nunha comparecencia ante o Parlamento autonómico, Fernando Clavijo di que falta vontade política para chegar a unha solución de consenso.

"Non imos ser cómplices de que o pobo canario teña que soportar en solitario toda a presión migratoria do continente africano, mentres o Goberno de España mira cara a outro lado, porque en ningún momento levou a iniciativa de todas as solucións que se puxeron sobre a mesa, e mentres se nos dan largas dicindo que todo é moi difícil", asegurou Clavijo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade