Xa están en Ribeira de Piquín os 51 refuxiados africanos que vai acoller o Concello
Xa están en Ribeira de Piquín os 51 refuxiados africanos que vai acoller o Concello
Alóxanse nun hotel da vila, pero non se sabe que vai ser deles nos vindeiros días
Proceden de diferentes países de África e chegaron dende Madrid
Un total de 51 persoas inmigrantes procedentes de África, na súa maioría refuxiados de Malí, chegaron este luns pola tarde ao municipio lucense de Ribeira de Piquín.
Tras chegaren á localidade en autobús, foron recibidos por persoal da ONG Rescate nas inmediacións do Hotel Miradoiro de Barcia, situado neste concello lucense. En concreto, o vehículo cos 51 refuxiados chegou sobre as 5:30 horas a este concello duns 500 habitantes, o segundo máis pequeno da provincia.
Ademais de Santiago de Compostela, ao longo deste verán, as localidades lucenses de Monterroso e Becerreá recibiron refuxiados procedentes do continente africano que chegaron a España polas Illas Canarias.
Todo iso no marco do programa de traslados a centros situados por todo o territorio nacional posto en marcha polo Goberno para evitar a saturación nas costas españolas.
Ademais, está prevista a chegada doutras 70 persoas ao concello de Sanxenxo a mediados de setembro.