A UE pide protexer Doñana e ameaza con multas
A UE pide protexer Doñana e ameaza con multas
A comisión advirte que denunciará a España se non frea a lei andaluza de regadíos
A Comisión Europea denunciará a España diante da xustiza da UE, esixirá sancións pecuniarias, se a Xunta de Andalucía aproba a súa lei sobre regadíos en Doñana.
A Comisión pide protexer o Parque Nacional e advirte que tomará as medidas necesarias para facer cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE.
O ditame de 2021 avalou os estudos científicos da sobreexplotación do acuífero de Doñana. Tamén probaba que España non os protexe axeitadamente e esixía o peche inmediato deses pozos ilegais.
Hai un mes a Comisión vólvelle lembrar ao Goberno esta sentenza e tamén advirte que os plans andaluces poderían agravar significativamente a situación das reservas de auga en Doñana.
A Comisión Europea di á Televisión de Galicia que terá que denunciar a España porque os plans andaluces non van por bo camiño e que se a lei andaluza é aprobada Bruxelas terá que denunciar o Estado.