Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Universidade de Santiago dálles á benvida a 300 estudantes de 40 países

A Universidade de Santiago dálles á benvida a 300 estudantes de 40 países

A mobilidade de alumnado internacional vaise recuperando tras a pandemia

G24.gal 24/09/2022 14:42 Última actualización 24/09/2022 16:57

Acaban de chegar a Santiago e na súa mochila traen obxectivos académicos pero tamén expectativas vitais. A Universidade e a cidade dálles a benvida cun acto celebrado no colexio de Fonseca. O reitor, Antonio López inaugura a sesión. Son preto de 300 e proceden duns corenta países.

Segundo a Unesco, cada curso máis de seis millóns de universitarios movíanse no mundo para estudar nun país distinto ao seu antes da pandemia.

Agora, dous anos e medio despois, o ir e vir de estudantes vai volvendo tamén á normalidade, segundo conta María Xosé López Couso, vicerreitora de Titulacións e Internacionalización.

"No curso que rematamos vimos ese primeiro paso cara á recuperación da mobilidade. Recibimos 700 alumnos, as cifras habituais estaban arredor dos mil. Para este curso haberá que esperar ao segundo semestre para ver os datos definitivos para ver se esta tendencia á alza se mantén".

López Couto conta que a maior velocidade medra o número de alumnos da Universidade de Santiago que deciden completar os seus estudos no estranxeiro.

"Agora xa estamos sen contar cos que se moverán no segundo semestre nas cifras do ano pasado e superando as cifras dos cursos anteriores, curso prepandemia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade