Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Universidade de Vigo deseña conos controlados por drons

A Universidade de Vigo deseña conos controlados por drons

O seu obxectivo é evitar os accidentes na sinalización dos treitos en obras

G24.gal 21/12/2023 16:26

A Universidade de Vigo traballa nun prototipo de conos robotizados controlados por drons para sinalizar os tramos de vías durante as tarefas de mantemento.

A iniciativa forma parte do proxecto europeo Infrarob. O obxectivo é reducir os accidentes de operarios e condutores. O prototipo xa se está probando en vías controladas. 

A finais do vindeiro ano realizarase a proba piloto definitiva en Austria. Se os resultados son positivos, poríase en marcha a fabricación en serie destes conos do futuro.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade