Un menor de 17 anos colle sen permiso o vehículo familiar e choca contra un coche patrulla
Un menor de 17 anos colle sen permiso o vehículo familiar e choca contra un coche patrulla
O rapaz, que circulaba a gran velocidade por Valga, perdeu o control do vehículo ao ver a patrulla da Garda Cïvil e tentou fuxir dúas veces
O menor foi entregado a súa nai acusado de dous delitos contra a seguridade viaria: por conducir sen permiso e de forma temeraria
A Garda Civil interceptou na madrugada do domingo un menor de 17 anos conducindo de forma temeraria un vehículo que collera sen o permiso dos seus pais.
Os feitos ocorreron na localidade pontevedresa de Valga, cando unha patrulla, observou un turismo circulando a gran velocidade e invadindo o sentido contrario.
Ao decatarse da presenza policial, o condutor perdeu o control do automóbil e chocou contra a patrulla, fuxindo novamente. Así, iniciouse un seguimento do coche, momento no cal o mozo volveu perder o control do coche e foi interceptado tras saírse da vía.
Os axentes comprobaron que o condutor era un menor de 17 anos. Entregáronllo á nai e instruíron dilixencias contra el por dous delitos contra a seguridade viaria por conducir sen permiso e facelo de forma temeraria.
Os feitos foron trasladados ao Xulgado de Instrución de Caldas de Reis e á Fiscalía de Menores.