Denuncian abandono e problemas de seguridade viaria no acceso á ponte da Barca
Denuncian abandono e problemas de seguridade viaria no acceso á ponte da Barca
Veciños de Poio quéixanse dun paso de peóns con chanzos na entrada do centro comercial
Sinalan deficiencias no pavimento e o mal estado dos gardarraís da rotonda
Camiñar desde Poio ata a ponte da Barca ou o centro comercial pode ser misión complicada, sobre todo para os que levan carriños ou cadeira de rodas. Un banzo en pleno paso de cebra é, segundo os veciños, toda unha barreira para a accesibilidade.
Quéixanse tamén de fochancas no pavimento e no estado duns gardarraís, rotos e oxidados á altura da man de calquera que pase.
Denuncian a falta de mantemento dun nó polo que transitan centos de coches e peóns cada día. De feito, tamén piden unhas beirarrúas máis anchas nesa ponte que conecta Poio e Pontevedra.
A Xunta, titular da estrada, e o Concello de Poio, responsable do proxecto, traballan nun plan de mellora e humanización da zona. Está previsto que comecen en 2025, pero a estes veciños xa lles tarda e piden celeridade na execución das obras.