Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vaga de calor que afectará España será das máis cálidas desde que hai rexistros

A vaga de calor que afectará España será das máis cálidas desde que hai rexistros

Once comunidades estarán con aviso laranxa e amarelo por altas temperaturas

En cidades como Córdoba, Sevilla e Madrid os termómetros situaranse nos 43 graos

G24.gal 08/08/2024 14:08

Na sombra, baixo o parasol, co abano e sempre coa botella de auga preto. A calor non dá tregua. As altas temperaturas volven marcar a rutina. Hai once comunidades en alerta por calor extremo. As noites seguirán sendo tropicais con valores nos 26-27 graos.

Esta nova vaga de calor durará ata o domingo cando o mercurio tocará teito. O val do Texo, do Guadiana, do Guadalquivir e o medio Ebro serán os puntos máis quentes do pais. Cidades como Madrid, Sevilla, Córdoba ou Zaragoza situaranse nos 43 graos.

Tamen irá calor no norte. Así, en puntos da Rioxa, Navarra ou o País Vasco as temperaturas estarán ata 16 graos por riba do normal.

As altas temperaturas tamén lles afectan aos animais.

A vaga de calor tamén dispara o risco de incendio, que será moi alto sobre todo durante a fin de semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade