A vaga de virus está a deixar as farmacias sen antigripais
A vaga de virus está a deixar as farmacias sen antigripais
Tradicionalmente, no mes de maio conviven virus e alerxias
A vaga de gripe déixase notar nas farmacias, co aumento da venda de medicamentos específicos que nalgúns casos están a piques de quedar sen existencias.
Produtos antigripais son estes días os reis das vendas nas farmacias. Hai puntos de Galicia en que algúns son imposibles de atopar.
Como conta Amil López, doutora en Farmacia e Nutricionista: "Incrementouse un pouco a venda, pero é algo habitual desta época do ano, en maio sempre se xunta os síntomas das alerxias, arrefriados, virus que aínda están circulando, e hai máis demanda a este tipo de síntomas".
Pero non hai que preocuparse, esta vaga de gripe e catarros é normal nesta época do ano. Outros están 'blindados', sobre todo os que se puxeron a vacina contra a gripe. Trátase de patoloxías estacionarias que hai que atender e, como lembra Amil López, "é importante dar un bo tratamento dende o principio, hidratarse ben, ventilar os cuartos e abrigarse ben porque aínda estamos en datas en que no se pode baixar a garda ata que chegue o verán".
Segue habendo virus respiratorios circulando que se mesturan con síntomas de alerxia ou reinfeccións por outro virus. Non hai que alarmarse, pero si coidarse.