A Valedora do Pobo dálle quince días ao Concello da Coruña para dar resposta ás queixas dos veciños do Orzán

Denuncian ruídos e liortas nocturnas que lles impiden conciliar o sono
A Valedora do Pobo aprema o Concello da Coruña a que responda ás queixas dos veciños do Orzán polo ruído nocturno nesta zona da cidade. Dálle quince días para que dea resposta aos continuos escritos dos veciños deste barrio que están vendo como tras a fin das restricións da pandemia, o ruído, as liortas e a sucidade fan moi complicada a vida neste barrio da cidade.
Achegan documentos gráficos e vídeos de situacións complicadas que se repiten cada fin de semana. A alcaldesa di que o procedemento segue o seu curso e que responderán no momento oportuno. Entrementres asegura que se están a poñer todos os medios para que se cumpra a normativa municipal.