Publicador de contidos
Publicador de contidos

A venda de antigripais e tests de antíxenos sobe máis dun 20 % en Galicia na última semana

A venda de antigripais e tests de antíxenos sobe máis dun 20 % en Galicia na última semana

Son datos que achegan as farmacias do programa Sentinela, que cadran co incremento das consultas por gripe en Atención Primaria

A evolución da curva epidemiolóxica deste inverno apunta a que o pico de gripe chegará preto de finais do mes

G24.gal 08/01/2025 13:28

Despois de cinco anos con curvas anómalas, por influencia da covid, a gripe estacional volve comportarse do xeito habitual.

"Estase reproducindo o modelo de 2019, así que se calcula que en 5 semanas, máis ou menos a finais de mes, será cando se acade o pico da onda de gripe", dixo Antonio Gómez Caamaño, o conselleiro de Sanidade.

Despois de cinco anos con curvas anómalas, por influencia da covid, a gripe estacional volve a comportarse do xeito habitual. Circula a gripe B, que sempre se asoma cando baixan as temperaturas e medra tras as reunións de Nadal. Así que, na última semana, as farmacias do Sentinela incrementaron un 22 % a venda de medicamentos e tests de antíxenos.

"Apostamos por unha maior rede de farmacias Sentinela, vixiantes e activas, que poidan ofrecer un mellor servizo á poboación camiñando sempre da man da administración na prevención e na vixilancia da saúde pública", declarou Beatriz García, a presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra.

Ata agora son 70 das 1.400 farmacias que hai en Galicia as que, grazas a este convenio con Sanidade, achegan datos que axudan a previr a incidencia da gripe e a planificar mellor a resposta.

"Unido aos datos que temos de Urxencias e Atención Primaria, introdúcense nun modelo que nos permite anticipar con dúas semanas como evoluciona a epidemia", explicou Antonio Gómez Caamaño, o conselleiro de Sanidade.

Modelos matemáticos que axudan, por exemplo, a saber cando se poden producir os picos puntuais de sobrecarga asistencial. Na conferencia de prensa deste mércores, os responsables da Sanidade Pública lembraron que os casos graves de gripe adoitan coincidir cos dos non vacinados e congratuláronse da resposta cidadá ao GalFlu, o ensaio clínico coa vacina reforzada, ao que se adheriron este ano 75.000 cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade