Publicador de contidos
Publicador de contidos

A venda de bicicletas aumentou en España un 41 % no último lustro

A venda de bicicletas aumentou en España un 41 % no último lustro

Os modelos eléctricos gañan terreo na mobilidade urbana

G24.gal 21/04/2022 20:39

O ano pasado vendéronse un millón e medio de bicicletas en España, case un 11 % máis ca en 2020. Nos últimos cinco anos, a venda destes vehículos aumentou máis dun 40 %. 

Nesa cifra ten moito que ver a auxe que viven as dúas rodas desde que remataron os confinamentos. Nese intre, cando aínda estaban pechados os ximnasios e tampouco había vida social, as bicicletas convertéronse nunha vía de escape para moitas persoas. 

Dous anos consecutivos con aumento de facturación, segundo o balance da Asociación de Marcas e Bicicletas de España, supoñen a consolidación dun sector que vive unha idade de ouro tamén por efecto da pandemia.

Para uso deportivo gaña terreo a bici eléctrica, que xa supón máis do 14 % das vendas fronte ao 1 % que representaba en 2013. Tamén son tendencia en mobilidade urbana.

O que non cambiou é o goteo na subministración así que as casas comercializadoras xa se están aprovisionando para a campaña de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade