Publicador de contidos
Publicador de contidos

A venda de coches en Galicia medra preto dun 20 % no mes de xullo

A venda de coches en Galicia medra preto dun 20 % no mes de xullo

Foi a quinta comunidade con máis matriculacións

Estanse comprando máis vehículos, pero aínda non ao nivel previo á pandemia

G24.gal 03/08/2024 14:32 Última actualización 03/08/2024 15:03

En xullo matriculáronse en Galicia 2.352 coches, un 19,5 % máis ca no mesmo mes de 2023. Son datos achegados polas asociacións de fabricantes, concesionarios e vendedores, que tamén reflicten un incremento de vendas do 11,9 % no acumulado do ano.

Estanse comprando máis vehículos pero aínda non ao nivel previo á pandemia.

"Imos remontando. A tendencia é positiva, pero aínda non existe ese número de vendas que tiñamos hai catro ou cinco anos. Estamos aí, pouco a pouco", precisa Jesús Somorrostro, xerente do Grupo Breogán.

Baixou a venda de vehículos diésel, subiu a dos de gasolina, pero os que repuntaron especialmente foron os híbridos e os eléctricos, que aumentaron as súas vendas máis dun 37 %. 

Jesús Somorrostro puntualiza, porén, que a saída dos eléctricos segue sendo residual en España. 

"Teño dúbidas de que realmente vaia ser unha tecnoloxía que vaia estar implantada para o cen por cento das persoas".

Ao entender deste profesional do sector, non hai un tipo de vehículo ideal para todos. As tecnoloxías multiplicáronse e dá por feito que seguirán aparecendo máis.

"Vai haber un abano de eleccións. Haberá unha tecnoloxía para cada tipo de necesidade".

Neste sentido apunta ao labor dos concesionarios, facilitando unha venda consultiva, para que o comprador leve o coche que responda aos seus usos e necesidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar