Publicador de contidos
Publicador de contidos

A venda de viaxes do Imserso para a temporada 2023-2024 comeza este xoves

A venda de viaxes do Imserso para a temporada 2023-2024 comeza este xoves

Nesta convocatoria hai 886.269 prazas, 70.000 máis ca na edicion anterior

Os prezos desta tempada oscilan entre os 124 e os 435 euros

G24.gal 25/10/2023 17:22

A comercialización das viaxes do Imserso para a tempada 2023-2024 comezará este xoves, 26 de outubro. Hai en total máis de 886.269 prazas, 70.000 máis que na edición anterior. 

Os residentes en Galicia xunto cos das comunidades autónomas de Aragón, Asturias, Castela-A Mancha, Cataluña, Illas Baleares, Illas Canarias, A Rioxa, Navarra, País Vasco e a Cidade Autónoma de Ceuta poderán comezar a reservar as súas viaxes a partir deste xoves. No caso de Andalucía, Cantabria, Castela e León, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid, Murcia e Melilla, a venda estará dispoñible a partir do 28 de outubro. A partir do 2 de novembro, ábrese a posibilidade de reservar as viaxes que quedasen sen comercializar de calquera provincia.

Os prezos desta tempada varían segundo o destino e o número de noites (entre 3 e 9) e oscilan entre os 124 e os 435 euros, incluíndo aloxamento, pensión completa e transporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade