A vespa asiática devasta a produción de mel no norte de Portugal
A vespa asiática devasta a produción de mel no norte de Portugal
A produción do mel este ano caeu nun 50 % no Alto Minho
A eliminación de niños de vespa é intensa pero non abonda
Os apicultores da zona norte de Portugal dan practicamente por perdida a produción de mel deste 2021 por causa dos efectos que produce a vespa asiática nas colmeas autóctonas. A Asociación de Apicultores de Entre-Minho e Lima (APIMIL) calculan que a produción descendeu entre 1000 e 1500 toneladas.
Este descenso abrupto, en comparación co ano pasado, representa unha baixada do 50 %. As asociacións denuncian que hai apicultores que perderon ata 100 colmeas e esixen máis implicación por parte das autoridades.
Moi preto de Galicia, ao outro lado do Miño, en Vila Praia de Áncora, os bombeiros retiraron nos últimos meses 180 niños de vespa velutina. Aínda así, a ameaza perdura e piden un plan urxente que restableza o equilibrio do ecosistema.