Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vía do tren entre Monforte e Ourense seguirá cortada ata setembro

A vía do tren entre Monforte e Ourense seguirá cortada ata setembro

O Adif atribúe esta demora a problemas causados pola chuvia nun terraplén entre as estacións de Santo Estevo e Os Peares

G24.gal 26/04/2024 20:55

A vía do tren entre Monforte e Ourense non vai reabrir en abril como estaba previsto. O seu corte durará ata o mes de setembro.

Anunciouno este venres o Adif, que atribúe esta demora a problemas causados polas chuvias de inverno nun terraplén que hai que reparar con urxencia e que se atopa nun dos tramos máis complicados da vía.

Concretamente nunha zona en que a liña segue o curso final do río Sil por un terreo moi abrupto con moitos túneles e pontes, entre as estacións de Santo Estevo e Os Peares.

É o segundo aprazamento da data prevista para a reapertura da vía entre Ourense e Monforte, o primeiro tamén fora un atraso duns cinco meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade