Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vila de Arzúa honra durante a fin de semana o seu queixo

A vila de Arzúa honra durante a fin de semana o seu queixo

É unha cita gastronómica de referencia con concurso de tapas e petiscos e moita música

G24.gal 02/03/2024 21:01

É unha cita gastronómica de referencia no país e, co paso do tempo, un fervedoiro cultural no que se mistura a boa música cos mellores manxares. O grande protagonista, en todo caso é o queixo.

O venres xa o puideron comprobar os que participaron con concurso de tapas e petiscos. A vila coruñesa vai recibir esta fin de semana milleiros de visitantes desexosos de "queixear". Moitos pasaron xa na mañá deste sábado polo recinto feiral para catar e mercar algúnha peza.

Despois dun paso, todos eles xantan nas tarbernas e restaurantes da vila para coller folgos para os concertos programados para a noite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade