A violencia machista matou dúas mulleres en Galicia no que vai de ano
A violencia machista matou dúas mulleres en Galicia no que vai de ano
En febreiro un home matou a súa exparella no concello de Baiona
O acusado continúa en prisión provisional comunicada e sen fianza
O de Oia é o segundo crime machista en Galicia no que vai de ano. Nos dous casos o asasino é un home que mata porque non consente o dereito da vítima a vivir en liberdade.
"É unha tristísima nova e di moi pouco da sociedade na que vivimos. Nesta ocasión tocoulle a Beatriz e ao pobo de Baiona", dicía o día do crime o alcalde Carlos Gómez.
Ángel Rodríguez da Costa permanece no cárcere da Lama, en prisión provisional comunicada e sen fianza como investigado polo crime que acabou coa vida da súa exparella a mediados de febreiro.
A xuíza prohibiulle achegarse aos seus fillos de sete e nove anos, que presenciaron como matou, presuntamente, á nai. Foi no barrio da Percibilleira, no concello de Baiona. O investigado ía deixar os cativos coa nai tras pasar a fin de semana con eles, cando cometeu o crime.
Supostamente, asestoulle un golpe mortal na cabeza e provocoulle cortes en todo o corpo. Deixou os nenos cos avós paternos e deuse á fuga; ao día seguinte entregouse na Comisaria da Policía Nacional en Ourense. A vítima tiña 47 anos.
En Galicia, as dúas mulleres asasinadas na provincia de Pontevedra no que vai de ano son as consecuencias máis graves dunha lacra social que deixa 21 vítimas mortais e 20 orfos en España neste 2023.