Publicador de contidos
Publicador de contidos

A visita do rei a Sanxenxo esperta críticas entre os socios do Goberno

A visita do rei a Sanxenxo esperta críticas entre os socios do Goberno

PSOE e PP piden respecto a unha "viaxe privada"

Desta volta don Xoán Carlos non terá axenda na Zarzuela

O Goberno intenta manterse á marxe da polémica pola visita do rei Xoán Carlos a Sanxenxo
G24.gal 19/04/2023 14:18

Esta nova visita do rei Xoán Carlos a Sanxenxo suscita críticas no nacionalismo galego. Para a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, a súa chegada a España "pon en cuestión o funcionamento do sistema democrático". Asegura que "calquera que tivese un problema co fisco non iría a policía protexelo, senón pedirlle responsabilidades".

É unha viaxe privada, pero aínda así non se falaba doutra cosa nos corredores do Congreso. As opinións van por bloques. Os grupos que apoian o Goberno vena coma unha nova provocación. 

Ministros de Unidas Podemos, socios do Goberno e partidos independentistas criticaron con dureza a Xoán Carlos I. Consideran que vén "rirse dos españois", cando o que tiña que facer é "dar explicacións". 

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, asegura que "está absolutamente fóra de lugar", ao ser unha figura "que non representa os españois e lle fai un dano moi importante a imaxe do país". 

A ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, tacha de "esperpéntica" a viaxe, e defende que os cidadáns elixan o xefe do Estado para non asistir "con vergoña" a situacións coma esta.

Mentres, desde o Goberno e desde o PSOE piden respecto. Evitan entrar en polémica e reducen a visita a unha decisión particular. Unha opinión que comparten tanto o Partido Popular coma Cidadanos. 

Desta volta, Xoán Carlos I non ten prevista axenda en Zarzuela. O regreso a España xera malestar na Casa do Rei. Considérana inoportuna pola súa proximidade ao inicio da campaña electoral das eleccións municipais e autonómicas.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade