Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presunta vítima dos "falsos rusos" denúnciaos por acoso, danos materiais e intimidación

A presunta vítima dos "falsos rusos" denúnciaos por acoso, danos materiais e intimidación

G24.gal 28/01/2022 19:51

O caso das presuntas ameazas duns cobradores de morosos a un excliente e ao seu círculo próximo parece non albiscar unha solución axiña.

A empresa de cobro vai demandalo polos honorarios mentres que a presunta vítima di que xa interpuxo catro denuncias por acoso, danos materiais e intimidación.

Supostamente, nos vídeos ameazantes que recibiu Xosé Manuel os que falan son traballadores dunha empresa de cobro de morosos, e o destinatario é un excliente que decidiu prescindir dos seus servizos, di a avogada, polas formas empregadas.

Diana Otero Mascato. Avogada: "Prefire non cobrar a débeda, prefire non saber nada, que non quere que continúen con esa forma de proceder para cocrar as débedas"

Asegura que tras renunciar aos servizos da empresa de cobros, comezaron as ameazas contra el e o seu círculo como confirma a súa representante legal.

"Chamaron os avós deste mozo dicíndolle que foran recoller os seus restos, que estaba morto no HULA. E un familiar meu tamén recibiu unha mensaxe ca miña dirección, dicíndolle que ía ser violada" comenta Yara Expósito, a representante legal de Xosé Manuel.

O máis grave, denuncia, é que se presentaron na casa de súa nai.

"Hai un vídeo de camiño á casa da súa nai cando van ameazala. Alí, a nai sofre ameazas, ten unha crise nerviosa e cae no baño" di Expósito. 

Asegura que o último aviso que lle deixaron foi destrozar a porta do seu lugar de traballo na Coruña.

Di que ademais dos danos materiais reclamarán polo prexuízo psicolóxico conseguinte..

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos