A voltas coa idade para ter o primeiro móbil

Varios movementos sociais pugnan por fixar os 16, pero a realidade é que case todos o teñen con 12 anos ou menos

Proliferan os movementos sociais para prohibir os móbiles aos menores de 16 anos
G24.gal 16/11/2023 14:54

 "Eu creo que cada neno ten un tempo porque hai nenos moi maduros con 12 anos e moi inmaduros con 16 e con 18 non?", comenta Beatriz, nai de 3 adolescentes.

A madurez é unha das claves a ter en conta á hora de poñerlles aos nenos un móbil nas mans. A mellor idade para iniciarse é un debate que non atopa consenso e mentres fálase de se prohibírllelo ou non aos menores de 16 años, a realidade é que cada vez o conseguen a idades máis temperás.

"Sobre os 13 anos ou se cadra antes".

"Eu sei que hai xente que foi o agasallo de Comuñón".

 "Ao facer os 12, polo meu aniversario".

Moitos pais elixen os 12, cando entran na ESO e empezan a quedar cos amigos. Pero non debería valer todo. É importante que os pais teñan o control do dispositivo. No mercado hai aplicacións que nos permiten filtrar, bloquear e poñer límites ao uso do móbil.

 "Se temos fillos dixitais, teremos que ser pais e nais dixitais. Unha das grandes necesidades que soen ter as familias é entender que sucede cos dispositivos, cando se usan, para que se usan e en definitiva estas ferramentas axúdannos a entender isto, e sempre moi importante boa comunicación e entendemento e cun acordo cos nosos fillos", apunta Eduardo Cruz, CEO de Qustodio.

Importante tamén é que teñan claro que son os pais os propietarios e responsables do dispositivo.

"Eu déixollo pero é meu, eu creo que debemos telo ben claro", insiste Beatriz.

Queda por ver se vai triunfar ou non o movemento social para prohibir os móbiles aos menores de 16 anos.

"Oxalá, pero non creo", fala unha rapaza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade