Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xornalista lucense Érika Reija recolle o Premio José Couso

A xornalista lucense Érika Reija recolle o Premio José Couso

O galardón recoñece este ano a relevancia dos medios nos conflitos bélicos

G24.gal 28/05/2022 12:22 Última actualización 28/05/2022 14:46

O Premio José Couso deste ano recoñece a relevancia dos medios de comunicación en conflitos bélicos coma o de Ucraína. 

A galardoada nesta edición foi a xornalista Érika Reija, que ata o inicio da guerra actuaba como correspondente de RTVE en Moscova. Chegara á capital rusa despois de ser enviada especial a diferentes destinos internacionais.

Esta xornalista lucense abandonou Rusia en marzo deste ano, tras a aprobación dunha nova lei que prevé sancións de ata 15 anos pola difusión de novas que o Goberno de Putin considere falsas.

Este sábado recolleu o premio convocado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade