A xuízo o exalcalde de Badalona Xavier García Albiol por presunta prevaricación
A xuízo o exalcalde de Badalona Xavier García Albiol por presunta prevaricación
A Fiscalía pide dous anos e dez meses de prisión e dez anos de inhabilitación
Un xulgado de Badalona envía a xuízo a Xavier García Albiol, exalcalde desa localidade e candidato do PP nas municipais, por permitir presuntamente a instalación sen permiso dunhas antenas de telefonía na comisaría da Garda Urbana. O xuíz instrutor acusa a Albiol de permitir que as antenas estiveran en funcionamento entre 2012 e 2018 pese á súa instalación irregular, o cal podería ser constitutivo de prevaricación continuada urbanística e ambiental.
A Fiscalía pide dous anos e dez meses de prisión e dez anos de inhabilitación. O Partido Popular non tomará medidas contra Albiol porque cre que non é un caso de corrupción. O candidato popular di que non é casual que esta información saia a dous meses das eleccións.