O Seprona identifica un home e o seu fillo como responsables dunha perigosa vertedura en Cerceda
O Seprona identifica un home e o seu fillo como responsables dunha perigosa vertedura en Cerceda
Os dous están sendo xulgados por supostos delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente e enfróntanse a seis anos de cadea
A Fiscalía di que conscientemente incumpriron a autorización ambiental
Os procesados, pai e fillo, son os antigos responsables da empresa Recoge Galicia Gestión. A fiscalía acúsaos de verter, polo menos, desde o 2012 ata o 2016, residuos non perigosos nas instalacións do vertedoiro de Campo Gallosa, na parroquia de Queixas, en Cerceda. Na primeira sesión do xuízo declararon varios axentes do Seprona. Aseguraron que as augas proviñan do interior do vertedoiro e que desembocaban nunha leira de eucaliptos.
"Cando chegamos ao lugar había unha vertedura na gabia e vimos que procedía dunha arqueta situada diante dunha empresa. E dentro desa empresa había outra arqueta e unha tubaxe enganchada. E se presupón que a orixe viña de aí".
"E que se trataban das augas de alivio de presión do interior do vertedoiro. Augas que van por debaixo da lámina de impermeabilización do vertedoiro oe que, en teoría, teñen que ser desaugadas limpas".
Segundo o Ministerio Público, os investigadores, toleraron, promoveron e consentiron as verteduras coa finalidade de aforrar custos e maximizar os seus beneficios. Pide para cada un deles seis anos de cadea e unha indemnización dun millón dous mil euros que xa aboaron.
Por petición dos seus avogados, os procesados declararán o mércores, que será cando finalice o xuízo.