Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas amplía os horarios para poñer a cuarta dose contra a covid

O Sergas amplía os horarios para poñer a cuarta dose contra a covid

As autoridades sanitarias fan un chamamento para poñer a vacina de reforzo

G24.gal 21/01/2023 08:39 Última actualización 21/01/2023 17:20

A Consellería de Sanidade amplía os horarios nos puntos de vacinación para a cidadanía que aínda non ten posta a cuarta dose fronte ao coronavirus. Dende este sábado, todas as áreas ampliarán os días nos que se poderá acudir a poñer o soro, incluíndo as fins de semana.

Os distritos sanitarios abrirán os sábados e todos, excepto os de Cee, O Barco de Valdeorras e Verín, tamén estarán operativos os domingos.

O Sergas lembra a importancia de xestionar unha cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar. Pode facerse a través da aplicación móbil ou no teléfono 881 54 00 45. 

Chamamento á vacinación

A Dirección Xeral de Saúde Pública volve facer un chamamento á vacinación e sinala que, para a xente que aínda non teña posta a cuarta dose, hai 29.000 citas dispoñibles semanais para persoas adultas e 1.100 para poboación infantil previa petición de cita.

Os lugares e os horarios poden consultarse no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Vacinacion-Covid-OC

Galicia segue a ter as mellores taxas de España de vacinación, segundo o último informe nacional publicado. É a primeira comunidade en porcentaxe de administración da cuarta dose en maiores de 80 (86,64 %), na franxa de 70-79 (82,14 %); e na de 60-69 (72,17 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade