A Xunta amplía as axudas para a compra de vivenda a menores de 36 anos
A Xunta amplía as axudas para a compra de vivenda a menores de 36 anos
Van destinadas a mercar casa en concellos de menos de 10.000 habitantes ou en centros históricos
A medida permitirá atender as solicitudes que quedaron fóra tras esgotarse o orzamento inicial
A Xunta amplía os fondos para que os menores de 36 anos merquen vivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes e en centros históricos.
A medida será publicada este luns no Diario Oficial de Galicia e permitirá atender as solicitudes que quedaron fóra tras esgotarse o orzamento inicial.
Agora serán máis de 760.000 euros destinados a axudas de adquisición de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes e centros históricos.
Coa ampliación, o crédito total do primeiro dos programas é duns 2,6 millóns de euros e o do segundo de 590.000 euros.
A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, destaca a boa acollida desta iniciativa que xa concedeu 250 axudas para mercar casa en concellos de menos de 10.000 habitantes e 50 en zonas históricas das cidades.