Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destinará 30 millóns para apoiar grandes proxectos de pemes

A Xunta destinará 30 millóns para apoiar grandes proxectos de pemes

Os requisito son que, como mínimo, fagan un investimento de 800.000 euros e que se comprometan a crear polo menos 25 empregos indefinidos

G24.gal 18/01/2024 15:04

O Consello da Xunta aprobou este xoves unha novas liña de axudas para pequenas e medianas empresas de nova creación ou para as que xa existen pero queren ampliar o negocio. O requisito é que, como mínimo, fagan un investimento de 800.000 euros, ata un máximo de dez millóns, e que se comprometan a crear polo menos 25 empregos indefinidos a tempo completo.

A Xunta dedicará a esta medida 30 millóns de euros ata o 2026 e prevé beneficiar 20 proxectos. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, explicou que con esta medida, coas que financiarán custen empresariais e salariais desas empresas, pretenden darlles "o empurrón final" a moitas iniciativas que necesitan un investimento inicial.

Rueda anunciou ademais unha nova estratexia de economía social, dotada con 170 millóns de euros e que fixa como obxectivos crear nos próximos tres anos 400 cooperativas e xerar arredor de 4.000 novos empregos. O Goberno galego tamén aprobou máis de seis millóns de euros para axudar cen empresas de transformación e venda de produtos do mar para facerlle fronte ao aumento de custos de materias primas e enerxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos