Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cuerpo afirma que a redución da xornada laboral se tratará a vindeira semana no Consello de Ministros

Cuerpo afirma que a redución da xornada laboral se tratará a vindeira semana no Consello de Ministros

O ministro lembrou que o texto ten que contar cunha maioría parlamentaria suficiente para ser aprobado no Congreso

Insistiu tamén en que as pemes deben ser "máis produtivas e competitivas". 

O ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo /EP
G24.gal 27/01/2025 11:20

O ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, avanzou este luns que a redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais se abordará previsiblemente no Consello de Ministros a vindeira semana para que "sexa unha realidade o antes posible".

En declaracións aos xornalistas e tras intervir na presentación da sétima edición CEPYME500, Cuerpo confirmou que a Comisión Delegada de Asuntos Económicos abordará na tarde deste luns a redución de xornada para, a partir de aí, "seguir avanzando" cara ás seguintes fases: a Comisión de Subsecretarios e o Consello de Ministros.

Tras semanas de desavinzas coa vicepresidenta e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, en relación a esta cuestión, Cuerpo insistiu en que o proxecto de redución de xornada será unha medida "equilibrada" para "garantir que se poida desenvolver", aínda que non aclarou se se tramitará de forma urxente.

Asegurou que se vai a "axudar" as empresas, sobre todo as pemes, neste proceso e lembrou que o texto ten que contar cunha maioría parlamentaria suficiente para ser aprobado no Congreso. Insistiu tamén en que as pemes deben ser "máis produtivas e competitivas". 

Ao preguntarlle polo decreto "ómnibus", que contiña medidas como a subida de pensións ou as bonificacións ao transporte e que foi rexeitado polo Congreso, Cuerpo fixo alusión ás declaracións do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en que insisten en "avanzar coa aprobación do real decreto lei como estaba prevista" porque é "coherente e consistente".

O CEPYME500

CEPYME500 trátase dunha iniciativa Cepyme que identifica, selecciona e promove as 500 empresas españolas que son líderes en crecemento empresarial ao ter unha forte capacidade para xerar valor engadido, emprego, innovación e proxección internacional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade