A Xunta aproba un proxecto para axudar a menores tutelados a emanciparse no rural
A Xunta aproba un proxecto para axudar a menores tutelados a emanciparse no rural
Feijóo anuncia tamén a creación de novas 30 casas do maior en concellos pequenos
En Galicia hai máis de 2.500 rapaces tutelados pola Xunta que viven en centros ou con familias acolledoras. Para seguir acompañándoos a partir dos 18 anos, o Goberno galego porá en marcha unha experiencia piloto para que realicen o tránsito á maioría de idade en concellos rurais de Ourense e Lugo.
"É un proxecto para acompañalos, para darlles unha casa no rural, un emprego e un mentor para axudar ese menor a vivir en aldeas de Galicia. Farémolo a través da entidade sen ánimo de lucro, Igaxes, que ten unha ampla experiencia aopiando a emancipación dos menores", explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do Consello da Xunta en que se aporbou esta medida.
Na súa reunión semanal, o Goberno galego aprobou tamén 3 millóns de euros para poñer en marcha 30 novas casas do maior, unha especie de centro de día gratuíta no rural, e aumentar as axudas que reciben as que xa están en marcha ata os 24.200 euros ao ano, para facerlles fronte aos gastos de luz ou pólizas de seguros.
Terán ademais un extra de cinco euros por persoa e día para os desprazamentos dos usuarios aos seus fogares.