A Xunta aumenta ata os 150 euros o complemento autonómico ao bono térmico
A Xunta aumenta ata os 150 euros o complemento autonómico ao bono térmico
O Goberno galego prevé que haxa 74.400 fogares beneficiados con estas axudas para pagar as facturas de calefacción, cociña a gas e auga quente
O Consello da Xunta aprobou este xoves o pagamento do bono social térmico e do complemento autonómico a este bono, que aumenta un 50% ata os 150 euros este ano para compensar a suba de prezos. O Goberno galego prevé que haxa 74.400 fogares beneficiados con estas axudas para pagar as facturas de calefacción, cociña a gas e auga quente.
O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, explicou que a Xunta destina máis de 11 millóns a este complemento, que se aboará de xeito automático ás familias que teñen descontos co bono social eléctrico estatal. A axuda oscilará entre os 412 euros e os 947 euros en función da situación económica do beneficiario e da zona climática onde resida.
Novas materias
O presidente Rueda tamén anunciou que Galicia vai incorporar o próximo curso tres novas materias optativas na ESO e bacharelato para preparar os alumnos nas necesidades formativas do futuro. Esas materias son cultura financeira e intelixencia artificial na secundaria e tecnoloxías intelixentes, como programación, en bacharelato.